Ola,
somos
ACCU Ourense

Asociación de Crohn e colite ulcerosa

Declarada de utilidade pública

En ACCU Ourense, traballamos para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas pola enfermidade de Crohn e por colite ulcerosa en Ourense.

Os nosos
proxectos

As nosas iniciativas comprenden a accesibilidade, a educación e o apoio social, facilitando recursos esenciais.

previous arrowprevious arrow
next arrownext arrow
Slider

Aseos
Ostomías

Aquí poderás atopar e buscar os Aseos Ostomías que están dispoñibles, é dicir, a localización das instalacións con equipos de baños adaptados para persoas ostomizadas.

Acceso
ACCU

Que é o Acceso ACCU?

O Acceso ACCU é unha iniciativa promovida por ACCU Ourense:

  • Señaliza os establecementos que proporcionan acceso inmediato, libre e gratuíto a baños para as persoas con Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII)

Tarxeta
Aparcadoiro

En que consiste a Tarxeta Aparcadoiro?

Tarxeta Aparcadoiro é unha iniciativa creada para facilitar o acceso rápido a aseos durante desprazamentos en vehículo propio.

A tarxeta permite realizar estacionamentos temporais para que a persoa afectada poida acudir rapidamente a un aseo, sempre baixo unhas condicións específicas de uso.