III PASEO DA SAÚDE DE BARBADÁS

 

ACCU Ourense participou activamente no III Paseo pola Saúde de Barbadás no que se reuniron 15 entidades ourensás relacionadas co ámbito sociosanitario co fin de sensibilizar, concienciar e visibilizar sobre a realidade das persoas do noso colectivo e das demais entidades.

 

Dar a coñecer o traballo fundamental, e tantas veces esquecido, das asociacións que loitan por axudar a persoas enfermas de diferentes patoloxías e ás súas familias é o obxectivo do Paseo da Saúde de Barbadás, que alcanza a súa terceira edición co lema “Prevención e saúde”.

 

Nesta ocasión participaron 15 entidades xunto co equipo de atención primaria do ambulatorio de Barbadás.