Enfermidade de Crohn
Esta patoloxía debe o seu nome ao doctor Burrill B. Crohn, quen en 1932, xunto con Oppenheimer y Ginzburg, describiu o que actualmente coñecemos como enfermidade de Crohn. O traballo onde deu a coñecer os seus achados titulábase “Ileitis rexional: entidade patolóxica e clínica”
A enfermidade de Crohn é unha patoloxía inflamatoria crónica que pode afectar a calquera parte do aparello dixestivo, xa sexa a boca, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso, o recto e o ano, sendo máis frecuente que se presente na parte final do intestino delgado e no comezo do colon. Ademais, polo seu carácter sistémico, pode afectar a outras partes do corpo a maiores do tracto dixestivo, coñecéndose como manifestacións extraintestinales da enfermidade de Crohn.
Así, adoita afectar a todo o espesor da parede intestinal e os seus síntomas dependen da localización e extensión das zonas afectadas que, frecuentemente, preséntanse de forma intermitente, alternando partes sas e partes afectadas.
Os síntomas máis comúns na enfermidade de Crohn son os seguintes:
- Dor abdominal
- Diarrea
- Rectorraxias
- Fisuras e úlceras
- Cansanzo e fatiga
- Febre
- Falta de apetito e perda de peso
- Malestar xeral e debilidade
- Manifestacións extraintestinais como, entre outras, oftalmolóxicas, articulares, dermatolóxicas, nefrolóxicas e vesiculares
Actualmente, non se coñece a causa nin a cura da enfermidade de Crohn. Por iso é polo que desde as ACCU promovemos a investigación o estudo e a innovación en enfermidade inflamatoria intestinal, e, coa axuda das persoas doantes e socias, implementamos servizos e proxectos coa finalidade de aumentar a autonomía persoal e vida independente das persoas con enfermidade inflamatoria intestinal.