- A atención integral de ACCU Ourense leva realizadas 230 intervencións sociais graczas ao apoio de COCEMFE e Fundación ONCE
- Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) financiado por a Fundación ONCE
ACCU Ourense está a desenvolver o servizo de atención integral a Crohn e colite ulcerosa no que participaron 120 persoas da provincia de Ourense. “Este ano víronse incrementadas as intervencións sociais debido á gran demanda de información, orientación e asesoramento que está a recibir a entidade, destacando que en setembro e outubro chegamos a atender o dobre de consultas que no mesmo período do ano anterior” coméntanos Fernando Jiménez, presidente de ACCU Ourense.
Con este proxecto, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), desenvólvense intervencións profesionalizadas de ámbito social e sanitario, así como intervención social, apoio persoal, acompañamento, atención á autonomía, tarxeta aparcamento, Acceso ACCU, baños adaptados para persoas ostomizadas, protocolos educativos, integración laboral e sensibilización, concienciación e visibilización.
“As intervencións do servizo de atención integral a Crohn e colitis ulcerosa incrementáronse nun 35 %, ao realizar 230 intervencións sociais. O noso servizo de información, orientación e asesoramento recibiu numerosas consultas, sobre todo, relacionadas con procesos de discapacidade e incapacidade, orientación laboral e afectación física, social e emocional das patoloxías. Para iso e grazas aos organismos que nos apoian, ofrecemos atención social, psicolóxica e fisioterapéutica de forma gratuíta para que as persoas socias poidan dispoñer destes servizos cando o precisen” cóntanos Chari Álvarez, traballadora social de ACCU Ourense.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.