Doazón

Cómo desgravar ata un 75% da túa doazón a ACCU Ourense

Con xestos coma o teu podemos axudar ás persoas con Crohn, colite ulcerosa e ostomizadas. Grazas por regalar unha mellor calidade de vida. Cunha pequena contribución podes axudarnos a seguir mellorando a vida das persoas con EII. E, ademáis, coma doante de ACCU Ourense tés dereito a deducirte as túas doazóns.

Persoas físicas (IRPF)

  • Ata 150 euros de doazón desgravaraste o 75%. Por exemplo se doas 150 euros, desgravaraste 112,50 euros na declaración da renta do ano no que se fai a doazón.
  • A partir de 150 euros, aplicarase o 30% na declaración se é a túa primeira doazón e o 35% se doaches nos dous exercicios anteriores a ACCU Ourense. Por exemplo, se doas 300 euros desgravaraste 157,50 euros na declaración dese ano (112,50 € polos primeiros 50 € doados e 45 € polos outros 150 €) ou 165 € se doaches a ACCU Ourense tamén nos dous anos anteriores (112,50 € polos primeiros 150 € doados e 52,50 € polos outros 150 €).

Persoas xurídicas (Imposto de Sociedades)

  • Desgravaraste o 40% na declaración do ano no que se fai a doazón se doaches nos dous exercicios anteriores a ACCU Ourense ou o 35% se só doaches neste ano. Por exemplo, se doas 300 euros en 2018, desgravaraste 120 euros se doaches a ACCU Ourense tamén nos dous anos anteriores, e 105 euros se a túa primeira doazón é a de 2018.

* Non aplica ó País Vasco nen a Navarra.

Ó realizala doazón, enviaremosche un certificado de doazón no que aparecerán os datos das aportacións realizadas a favor de ACCU Ourense durante o exercicio fiscal.

Se tés máis preguntas contacta con nós en accuourense@accuourense.org