Proxecto ACCESO ACCU

Acceso ACCU

O Proxecto ACCESO ACCU (Proxecto Acceso A Crohn y colitis Ulcerosa) ven motivado pola alta incidencia destas patoloxías crónicas e a aparición dos síntomas que afectan a numerosas persoas da nosa contorna, sendo primordial promover accións que melloren a calidade de vida das persoas afectadas e minimicen o impacto da enfermidade na vida persoal, laboral e social das persoas con estas patoloxías.

É moi frecuente que as persoas afectadas de EII sufran episodios continuados nos que preséntase a urxencia de acudir a un cuarto de baño. Estas circunstancias condicionan en moitos casos a vida persoal, social e laboral das persoas afectadas, xa que xeran inquedanza, estrés e inseguridade, sobre todo, cando aparece a imposibilidade de acceder a un cuarto de baño.

Por iso, ACCU Ourense desenvolve o Proxecto ACCESO ACCU para lograr a accesibilidade inmediata, libre e gratuíta aos cuartos de baño dos organismos públicos e establecementos privados que estean adheridos ao proxecto.