Misión, visión, principios e valores
Misión
ACCU Ourense ten como misión implementar e desenvolver actividades encamiñadas á promoción, planificación e intervención que permitan alcanzar unha mellor calidade de vida ás persoas con enfermidades inflamatorias intestinais, asegurando a atención centrada nas persoas como eixo central do noso traballo.
Visión
ACCU Ourense ten como visión constituírse nunha entidade consolidada e amplamente recoñecida pola sociedade polos seus valores, compromiso e liderado nas metodoloxías de traballo e na excelencia das actuacións dirixidas ao grupo social de persoas con EII e as súas familias.
Principios e valores
ACCU Ourense é unha organización sen ánimo de lucro que se define como unha entidade de interese social, independente, libre, aconfesional, apartidista, non gubernamental e de carácter voluntario.
Así, desenvolve todas as actuacións basándose nos seguintes principios e valores:
- Democracia interna
- Solidaridade entre os seus membros
- Impulso da participación dos seus membros en todas as súas actuacións
- Transparencia e publicidade na xestión e actuación
- Protección dos dereitos e necesidades do grupo por encima dos intereses particulares
- Defensa do grupo social como titular de dereitos, evitando as mensaxes sentimentalistas, paternalistas ou asistenciais
- Cooperación con axentes sociais
- Innovación social
- Sostenibilidade e respecto ao medioambiente no desenvolvemento de todas as actuacións
- Transversalidade da perspectiva de xénero y de diversidade na planificación, estratexias e actuacións desenvolvidas pola entidade