EII
A Organización Mundial de Gastroenteroloxía afirma que as Enfermidades Inflamatorias Intestinais son patoloxías:
- Aparello dixestivo
- Crónicas
- Idiopáticas
- Complexas
- Descoñecidas pola sociedade
As principais enfermidades inflamatorias intestinais son a enfermidade de Crohn, que aparece en calquera parte do aparello dixestivo, e a colite ulcerosa que afecta ao colon. Ademais, cando existen dúbidas de cal das dúas enfermidades é, utilízase o termo colite indeterminada.
A orixe das enfermidades inflamatorias intestinais descoñécese e, por iso, defínense como patoloxías ideopáticas. Por tanto, a súa causa é descoñecida, aínda que as investigacións apuntan a unha interacción de factores xenéticos, ambientais e cambios na microbiota intestinal.
Dende ACCU España, sinalan que aparecen en persoas xeneticamente predispostas nas que inciden certos factores ambientais e, mesmo, as propias bacterias intestinais, que provocan unha alteración do sistema inmune desencadeando unha resposta inflamatoria anómala que se perpetúa no tempo e que termina producindo a enfermidade.
En todo caso, algúns estudos observan que:
- É máis común en países desenvolvidos e en zonas urbanas
- España aumentou o número de casos de EII nas últimas décadas
- Elévanse, notablemente, os diagnósticos ao duplicarse a taxa de incidencia real sobre a prevista
- Pode afectar a calquera etnia
- Afecta por igual a homes e mulleres
- Poden diagnosticarse a calquera idade, pero con maior frecuencia antes dos 30 anos
- A enfermidade de Crohn duplicouse en nenos menores de 10 anos dende finais do século XX
- Un de cada tres novos diagnósticos aparecen en menores de 18 anos
- Non é contaxiosa
- Require atención integral centrada na persoa con EII
Síntomas
Os síntomas das EII son os seguintes:
Tratamento
Como sinalamos, a EII é unha enfermidade crónica debido a que ata a data non se descubriu ningún tratamento ou terapia que sexa curativa.
Na actualidade, existen numerosos fármacos e terapias que permiten controlar os síntomas da EII para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas, destacando que o tratamento da EII é complexo e variable polo que require un enfoque individualizado de cada paciente, en función dos síntomas e resultados que se presentan.
Así, atopámonos con tratamentos farmacolóxicos, terapias biolóxicas e cirúrxicas que permiten controlar a clínica para que desaparezan os síntomas e evitar complicacións e para manter a enfermidade inactiva e impedir a reaparición de síntomas.
Ademais, debemos destacar a importancia do tratamento social e psicolóxico para cada paciente, xa que somos persoas con inquietudes, desexos e necesidades que precisamos recursos de intervención integral para minimizar o impacto social e emocional que as patoloxías teñen sobre a nosa vida.