Servizo de atención integral, promoción da autonomía e inclusión social
ACCU Ourense implementa o Servizo de atención integral que é un proxecto de continuidade cunha longa traxectoria no tempo e coa finalidade de ofrecer actuacións de intervención e atención integral en prol da autonomía persoal e vida independente de todas as persoas afectadas de enfermidades inflamatorias intestinais, as súas familias e a toda a contorna, subliñando, maioritariamente, a abordaxe das realidades médicas, sociais e económicas que poden presentarse por mor destas patoloxías.
Este servizo impleméntase ao longo destes anos porque a maior parte das demandas efectuadas á entidade están vinculadas á atención integral, destacando a necesidade expresada de manter a autonomía persoal e lograr a inclusión social a través das seguintes accións:
- Intervención social e asesoramento
- Acompañamento e apoio persoal
- Atención á autonomía
- Integración sociolaboral
- Sensibilización, concienciación e visibilización
Así, ACCU Ourense conta con profesionais do traballo social, ciencias da saúde, psicoloxía, abogacía, fisioterapia, administración e terapia ocupacional co fin de desenvolver as seguintes actuacións:
Intervención social Profesional: Traballadora social Horario: De lúns a venres de 9:00 a 14:00 |
Asesoría xurídica Profesional: Avogado Horario: Con cita previa |
Atención psicolóxica Profesional: Psicóloga clínica Horario: Con cita previa |
Fisioterapia Profesional: Equipo de fisioterapia Horario: Con cita previa |
Integración laboral Profesional: Equipo de orientación laboral Horario: Con cita previa |
Atención afectivo-sexual Profesional: Orientadoras Horario: Con cita previa |
Terapia ocupacional Profesional: Terapeuta ocupacional Horario: Con cita previa |
Logopedia Profesional: Logopeda Horario: Con cita previa |