Proxecto baños adaptados para persoas ostomizadas

Aseos Ostomía

No país hai 120.000 persoas ostomizadas das que máis de 18.000 son persoas con Crohn e colite ulcerosa ás que se lles practicou unha ostomía por complicacións relacionadas coa súa enfermidade. Así mesmo, as ostomías poden practicarse en caso de cancro, lesións graves, oclusións, infeccións ou afeccións conxénitas ou adquiridas.

O estoma supón para o paciente un forte impacto emocional porque repercute na súa vida social, laboral, familiar e relacional. Por iso é polo que resulte esencial a implementación de proxectos que logren aumentar a calidade de vida das persoas con ostomía e favorecer a participación das mesmas en todas as actividades que consideren.

A Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade ten por obxecto a igualdade de oportunidades en relación coa accesibilidade universal en contornas, procesos, bens, produtos e servizos, así como obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos, de modo que se fagan comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas, en igualdade de condicións de seguridade e comodidade e da maneira máis autónoma e natural posible.

Deste modo, débese prover de baños adaptados para as persoas con ostomías para que poidan utilizar os aseos dos edificios públicos e privados en condicións de igualdade, dignidade, seguridade e comodidade co fin de aumentar a súa autonomía persoal e vida independente.