ACCESO ACCU EN ALLARIZ

O Concello de Allariz súmase ao noso proxecto Acceso ACCU

 

 

A implementación do Proxecto ACCESO ACCU (Proxecto Acceso A Crohn e Colite Ulcerosa) de ACCU Ourense ven motivada pola alta incidencia destas patoloxías crónicas e a aparición dos síntomas que afectan a numerosas persoas da nosa contorna, sendo primordial promover accións que melloren a calidade de vida das persoas afectadas e minimicen o impacto da enfermidade na vida persoal, laboral e social das persoas con estas patoloxías.

 

Debido á sintomatoloxía destas patoloxías, é moi frecuente que as persoas afectadas de Enfermidades Inflamatorias Intestinais sufran episodios continuados nos que preséntase de forma imprevista e imperiosa a urxencia de acudir a un cuarto de baño. Estas circunstancias condicionan en moitos casos a vida persoal, social e laboral das persoas afectadas, xa que xeran inquedanza, estrés e inseguridade, sobre todo, cando aparece a imposibilidade de acceder a un cuarto de baño.

 

Por iso, ACCU Ourense desenvolve o Proxecto ACCESO ACCU para lograr a accesibilidade inmediata, libre e gratuíta aos cuartos de baño dos organismos públicos, establecementos comerciais, asociacións, entidades, colexios e centros públicos e privados que esteán adheridos ao proxecto.