Colite ulcerosa
Por primeira vez, en 1859, foi nomeada esta patoloxía como colite ulcerosa, relacionando o descubrimento da enfermidade co doutor Samuel Wilks. Posteriormente, en 1909, realizouse un simposio onde se presentaron 300 casos de colite ulcerosa recollidos nos distintos hospitais de Londres.
A colite ulcerosa é unha enfermidade inflamatoria intestinal crónica que afecta ao colon (intestino groso), danando o revestimento interno do tecido intestinal e, habitualmente, comeza no recto e esténdese a outros segmentos do colon de maneira continua e simétrica. Ademais, poden presentarse manifestacións extraintestinales de índole dermatolóxicas, oftalmolóxicas, reumatolóxicas, etc.
Os síntomas máis frecuentes na colite ulcerosa son:
- Diarrea con mucosidade e sangue
- Dor abdominal
- Febre
- Perda de peso
- Anemia
- Cansanzo e fatiga
- Malestar xeral e debilidade
- Manifestacións extraintestinais como, entre outras, oftalmolóxicas, articulares, dermatolóxicas, nefrolóxicas e vesiculares
Actualmente, non se coñece a causa nin a cura da colite ulcerosa. Por iso é polo que desde as ACCU promovemos a investigación o estudo e a innovación en enfermidade inflamatoria intestinal, e, coa axuda das persoas doantes e socias, implementamos servizos e proxectos coa finalidade de aumentar a autonomía persoal e vida independente das persoas con enfermidade inflamatoria intestinal.