O Senado aproba por unanimidade a necesidade de baños adaptados para persoas ostomizadas

O Senado nacional aproba por unanimidade a necesidade de baños adaptados para persoas ostomizadas

presentOUSE NO Senado a iniciativa de ACCU Ourense

Violante Tomás Olivares presentando a moción no Senado

 

 

¡Estamos de noraboa!. O Senado español reconoce que as persoas ostomizadas necesitamos dispositivos que se adapten ás nosas circunstancias para poder desenvolver unha vida máis autónoma e independente.

 

O 13 de outubro de 2021 tódolos grupos do Senado aprobaron por unanimidade a iniciativa de ACCU Ourense sobre a necesidade de baños adaptados para persoas ostomizadas. Esta iniciativa deu os seus frutos grazas, sobre todo, ao exsenador do grupo popular por Galicia, don Jesús Vázquez Abad, e o seu gran compromiso co colectivo.

 

Así, debemos mostrar o noso enorme agradecemento á senadora doña Violante Tomás Olivares por retomar a testemuña e presentar a moción no Senado e a tódolos grupos políticos polo seu apoio unánime na implementación progresiva de baños adaptados para persoas ostomizadas, sempre en colaboración coas Comunidades Autónomas e os concellos.

 

Sinalar que ACCU Ourense conseguiu a implementación dos baños adaptados para persoas ostomizadas na provincia de Ourense nos seguintes lugares:

 

ACCU Ourense – CIS Aixiña Polideportivo municipal de Outomuro
Pazo dos Deportes Paco Paz Casa social de Cartelle
Centro Cultural Marcos Valcárcel Biblioteca San Cibrao das Viñas
Delegación Territorial da Xunta en Ourense Ximnasio municipal Ponte Noalla
Edificio xudicial Baños públicos Xardíns do Padre Feijoo
Centro Comercial y Ocio Ponte Vella Baños públicos Parque de San Lázaro
Complexo deportivo Monterrei Baños públicos Alameda da Ponte
Balneario de Laias Caldaria Baños públicos Campo da Feira
Casa do concello de A Merca Delegación Territorial da Xunta en Vigo
Pavillón Polideportivo de A Merca Cudade da Xustiza de Vigo
Casa do concello de A Peroxa AECC Ourense
Centro sociocomunitario da Xunta en Ourense Universidade de Vigo

 

A implementación de actuacións de ACCU Ourense como esta son posibles coa cofinanciación da Xunta de Galicia a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -COGAMI-. Grazas a que as persoas contribuíntes marcan na declaración da renta o X Solidario para destinar o 0,7 % a programas de fins sociais, ACCU Ourense implementa actuacións como os baños adaptados para persoas ostomizadas enmarcado no programa de atención social e asesoramento especializado.