O Concello de Ourense apoia o Servizo de atención integral de ACCU Ourense 2025

O Concello de Ourense publica a resolución das axudas destinadas a entidades sociais sen ánimo de lucro 2025

 

O Concello de Ourense publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de 4 de decembro de 2025, a resolución da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais 2025.

 

De conformidade co artigo 45.1b da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse coñecemento do contido resolutivo da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais.

 

En virtude do disposto no artigo 8 das bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP Nº 130, do 9 de xullo de 2025):

 

RESOLVO

 

Primeiro. Aprobar a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2025 con cargo á partida 260.2318.48900 do Orzamento municipal vixente de acordo co seguinte detalle:

 

A) Conceder, dispoñer o gasto e, en consecuencia, outorgarlle ás seguintes entidades sen ánimo de lucro que cumpren os requisitos polos proxectos que se relacionan a contía que ascende a 325.000,00€ (Trescentos vinte e cinco mil euros):

 

ACCU Ourense ACCU; G 32 338 725, unha subvención de 2142,86 € para o proxecto de Servizo de atención integral das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais.