V Paseo da saúde de Barbadás 2025

 

 

O Concello de Barbadás impulsa o V Paseo da Saúde, unha cita na que se congregan asociacións de pacientes, agrupacións e entidades sociais que dan conta do seu traballo diario na provincia. Nesta quinta edición, que se celebrará o venres 19 de setembro, súmanse tres participantes máis (Cruz Vermella, Alcohólicos Anónimos e Solidariedade Interxeracional), o que eleva a máis de unha vintena o número de entidades participantes.

 

No V Paseo da Saúde estarán presentes: ACCU Ourense, Afaor, Alcer, Auria, Aecc Ourense, Aodemper, Por eles Tea, Affou, Querendo, Autismo Ourense, Asociación de Celíacos de Galicia, Dca Ourense, Afem Morea, Fundación Neuroburgas, Grupo Social ONCE, Asgacop, Garda Civil e Protección Civil de Barbadás.