ACCU Ourense no Paseo pola saúde organizado polo CHUO

 

Ourense acollerá o 20 de setembro a terceira edición do Paseo pola Saúde, unha xornada de lecer e encontro entre profesionais da saúde e pacientes, co obxectivo de promover hábitos de vida saudables e celebrar a vida en comunidade.

A presentación do evento contou coa participación do xerente da área sanitaria, Santiago Camba Bouzas; a xefa do Servizo de Atención ao Paciente, Belén Piñeiro Bóveda; e a directora de Enfermaría, Josefa Rodríguez Araujo, entre outras persoas.

O percorrido desta edición transcorrerá pola beira do Miño. A saída está prevista para as dez da mañá desde a ponte romana, con destino á zona termal de Outariz e regreso cara a O Tinteiro. O evento pretende unir a pacientes, asociacións e profesionais sanitarios.