Aseo para ostomías na Biblioteca Nós de Ourense
A Biblioteca Pública do Estado en Ourense Nós, xestionada pola Consellería de Cultura, Língua e Xuventude da Xunta de Galicia, implementou un baño adaptado para persoas ostomizadas nas súas instalacións.
ACCU Ourense quixo celebrar coa directora da Biblioteca Nós esta boa nova e darlle difusión a un feito tan importante para o noso colectivo, xa que contamos cun recurso máis na cidade de Ourense que mellora o dereito á mobilidade das persoas ostomizadas grazas ao acceso a un aseo en condicións dignas, saudables e hixiénicas.
As bibliotecas, espazos públicos e gratuítos, garanten o acceso á cultura, ocio e educación e son lugares de acollida en igualdade de condicións para todas as persoas. A Biblioteca Pública de Ourense Nós, como espazo público e de acceso libre, da un paso máis para garantir a igualdade e benestar de todas as persoas.