Charla ao alumnado do Obradoiro de Benestar da Mancomunidade de Celanova

Charla de ACCU Ourense ao alumnado do Obradoiro de Benestar da Mancomunidade de Celanova

 

 

En ACCU Ourense recibimos a visita do Obradoiro Terras de Benestar de atención sociosanitaria que asistiu a unha instructiva charla impartida por Chari Álvarez, traballadora social de ACCU Ourense, enfocada nas enfermidades inflamatorias intestinais (EII). Esta iniciativa tivo como obxectivo sensibilizar e formar ás persoas participantes sobre estas patoloxías crónicas, que afectan a un número crecente de persoas na nosa comunidade.

Durante a charla, proporcionouse unha visión detallada sobre as características e síntomas das EII, destacando a importancia dun diagnóstico temperán e un manexo adecuado para mellorar a calidade de vida dos e as pacientes, subliñando como estas enfermidades poden impactar a vida persoal, laboral e social das persoas afectadas.

O alumnado do Obradoiro mostraó un gran interese na información proporcionada, expondo diversas preguntas sobre como poden mellorar o seu apoio aos e as pacientes con EII e como poden implementar prácticas máis inclusivas no seu traballo diario. A charla concluíu cun intercambio de experiencias e coñecementos, fortalecendo a colaboración entre ACCU Ourense e profesionais sociosanitarios da rexión.

Esta iniciativa forma parte do compromiso continuo de ACCU Ourense de promover a concienciación e o apoio integral ás persoas con enfermidades inflamatorias intestinais, contribuíndo a unha contorna máis inclusiva e igualitario.