O Concello de Ourense continúa a apoiar o Servizo de atención integral de ACCU Ourense 2023

O Concello de Ourense publica a resolución das axudas destinadas a entidades sociais sen ánimo de lucro 2023

 

 

O Concello de Ourense publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais, resolución de 7 de setembro de 2023.

 

De conformidade co artigo 45.1b da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse coñecemento do contido resolutivo da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais.

En virtude do disposto no artigo 8 das bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP Nº 163, do 17 de xullo de 2019), e, en exercicio das competencias delegadas (Decreto 2023006661, de 10 de agosto de 2023).

RESOLVO

Primeiro. Aprobar a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2023 con cargo á partida 140.2318.48900 do Orzamento Municipal vixente (documento contable A, operación núm. 202300011924, do 29 de marzo de 2023) de acordo co seguinte detalle:
A.1) Conceder, dispoñer o gasto e, en consecuencia, outorgar ás seguintes entidades sen ánimo de lucro que cumpren os requisitos polos proxectos que se relacionan, a contía que ascende a 324.264,13 € (trescentos vinte e catro mil douscentos sesenta e catro euros con trece céntimos):
Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense ACCU; G 32 338 725; Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais; 1.251,60 €