ASEOS OSTOMÍAS NO CENTRO GALEGO DE INNOVACIÓN DE FP

Estamos de noraboa! Estreamos baños adaptados para persoas ostomizadas en Ourense, no Centro Galego de Innovación de Formación Profesional.  Este centro é un espazo de innovación aplicada e creatividade na FP en cooperación cos distintos sectores produtivos de Galicia, para dar resposta aos retos actuais e futuros das nosas empresas e da nosa sociedade.