ACCU OURENSE PARTICIPA NO FORO AFECTIVO-EFECTIVO 2023

 

ACCU Ourense participou no Foro Afectivo-Efectivo 2023 onde se puxeron en cuestión os seguintes retos: Nos próximos 10 anos imos innovar máis que no último século pero, que significa realmente innovar?, por qué ten un valor incalculable?, como medir ese valor?, por qué e de qué maneira pode a innovación transformar o mundo en que vivimos e facelo máis humano e sostible? E o máis importante, qué impacto ten a innovación na sanidade e na esperanza e calidade de vida das persoas?

 

Conducido con grandes doses de afecto e profesionalidade pola xornalista Elena S. Sánchez, durante a novena edición do Foro Premios Afectivo Efectivo falouse de innovación desde unha perspectiva ampla da saúde, entendida como un todo que afecta a todas as esferas do ser humano.