O 19 de maio conmemórase o Día Mundial da Enfermidade Inflamatoria Intestinal (EII), doenza crónica, de carácter inflamatorio e orixe autoinmune, que afecta en Ourense a máis de 1.200 persoas, cunha media de 50 novos casos anuais, na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e, máis específicamente, na súa Unidade Integral de EII.
Este ano conmemoramos o Día mundial das EII co equipo de dixestivo, da unidade integral de EII e da unidade de ostomías da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, en compañía do xerente, Félix Rubial. Estivemos no Hospital Universitario de Ourense, cunha mesa informativa instalada por ACCU Ourense e compartimos a vontade común de continuar colaborando como ata agora e recuperando iniciativas conxuntas previas á pandemia.
Sinalar que para a atención das EII, a Área Sanitaria de Ourense conta cunha Unidade Integral de Atención a pacientes con EII, unha das primeiras a nivel europeo, en funcionamento desde 2003, e que recibíu en 2020 a certificación de Excelencia.
As claves, tanto para mellorar o prognóstico da EII como para controlar os seus síntomas son o diagnóstico precoz, o tratamento multidisciplinar e persoalizado de cada paciente, así como a súa monitorización.