ACCU Ourense implementa este ano o Programa de atención social, asesoramento e intervención especializada I, implementando as actuacións directas de intervención social, abordaxe integral e apoio á autonomía persoal e vida independente de 90 persoas afectadas de Crohn e colite ulcerosa ao longo de todo o ano.

ACCU Ourense súmase á CAMPAÑA X SOLIDARIA 2023 para promover que se marque o recadro da X Solidaria, de Actividades de Interese Social, na declaración da renda. Con este xesto, colaborades na implementación dos proxectos sociais de ACCU Ourense e de moitas máis, chegando a prestar atención directa a máis de 105.000 persoas en Galicia.
A campaña X Solidaria, na que ACCU Ourense vén participando desde hai anos, baséase en que cada persoa contribuínte poida marcar na súa declaración da renda a casa de «Actividades de interese social» co obxectivo de destinar o 0,7 % do IRPF aos proxectos que desenvolvemos desde as Ong.Toda a sociedade benefíciase cando as persoas contribuíntes marcan a X Solidaria para destinar o 0,7% do IRPF a programas de fins sociais.
En Galicia estes programas están financiados pola Consellería de Política Social e Xuventude e enmarcados, entre outros, como de interese xeral para fins de carácter social e con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.
GRAZAS POR TANTO!!!!!!
