ACCU OURENSE ATENDERÁ A 90 PERSOAS A TRAVÉS DO PROGRAMA DE ATENCIÓN SOCIAL, ASESORAMENTO E INTERVENCIÓN ESPECIALIZADA I

 

ESTE PROGRAMA É POSIBLE GRAZAS AO COFINANZAMIENTO DA XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DO 0,7% DO IRPF, XESTIONADO POR COGAMI

 

No marco dos programas de fins sociais ACCU Ourense dá continuidade ás actividades enmarcadas no Programa de atención social, asesoramento e intervención especializada I, implementando as actuacións directas de atención social, abordaxe integral e apoio á autonomía persoal e vida independente de 90 persoas afectadas de Crohn e colitis ulcerosa ao longo de todo o ano.

 

Para levalo a cabo desenvolveranse intervencións profesionalizadas de ámbito social e sanitario, así como intervención social, apoio persoal, acompañamento, atención á autonomía, tarxeta aparcadoiro, Acceso ACCU, baños adaptados para persoas ostomizadas, Eiiducando, integración laboral e sensibilización, concienciación e visibilización das EII.

 

Este servizo executouse grazas á subvención procedente do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, xestionada por COGAMI, para que as súas entidades membro poidan financiar os seus proxectos prioritarios, á vez que proporciona asesoramento e realiza o seguimento durante a elaboración, execución e xustificación dos mesmos.

 

Toda a sociedade benefíciase cando as persoas contribuíntes marcan a X Solidaria para destinar o 0,7% do IRPF a programas de fins sociais. En Galicia estes programas están financiados pola Consellería de Política Social e enmarcados, entre outros, como de interese xeral para fins de carácter social e con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.