O Concello de Ourense publica a resolución das axudas destinadas a entidades sociais sen ánimo de lucro 2022
O Concello de Ourense publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a resolución da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP núm. 91, do 22 de abril de 2022), resolución emitida por decreto 2022010894, do 25 de novembro de 2022.
De conformidade co artigo 45.1b da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dáse coñecemento do contido resolutivo da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP núm. 91, do 22 de abril de 2022) emitida por decreto 2021008753, do 25de novembro de 2022.
En virtude do disposto no artigo 8 das bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP Nº 163, do 17 de xullo de 2019), e, en exercicio das competencias delegadas (Decreto de Alcaldía núm. 2022007447, do 4 de agosto).
RESOLVO
Primeiro.- Aprobar a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2022 con cargo á partida 140.2318.48900 do orzamento municipal vixente, de acordo con o seguinte detalle:
A.1) Adxudicar ás seguintes entidades sen ánimo de lucro que cumpren os requisitos polos proxectos que se relacionan a contía que ascende a 323.262,53 €.
Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense ACCU; G32338725; Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais; 1.251,60 €