I Paseo pola Saúde de Ourense 2022

I Paseo pola Saúde de Ourense 2022 promovido por pacientes e profesionais sanitarios

 

Este 1 de outubro celebrouse o primeiro Paseo pola Saúde organizado poloo Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, xunto co Servizo de Atención ao Paciente. Esta xornada supuxo un día de lecer marcado polo encontro entre profesionais da saúde e pacientes, para a promoción dos hábitos saúdables e celebrar a vida e a saúde comunitaria.

 

A saída foi na Ponte Romana, diante de Salesianos, ás 10.00 horas e transcurriu pola beira do Miño ata o Tinteiro, na versión curta, e ata o Muíño da Veiga, no tramo longo, sendo éste un roteiro de 8 milómetros cun perfil chán e sen dificultade.

 

O encontro de ambas rutas no Tinteiro estivo amenizado por música da banda de música Santádega e, ademáis, celebráronse obradoiros de prevención, primeiros auxilios e marcha nórdica grazas a Salubrízate, Pupas Sustos e Outros Desgustos e a Asociación de Escaladores Ourensáns-Marcha Nórdica.

 

 

O Consello Asesor de Pacientes de Ourense, Verín e Valdeorras é unha estrutura de participación e asesoramento, que facilita o contacto directo entre pacientes e xestores da sanidade pública de Ourense, para recoller súas percepcións e achegas, cara ao desenvolvemento conxunto de obxectivos asistenciais e de humanización dos servizos sanitarios públicos.