Máis de 90 personas están participando no servizo de ACCU Ourense grazas á Fundación ONCE

O Servizo de atención integral en EII forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) financiado pola Fundación ONCE

 

 

ACCU Ourense está a desenvolver durante todo o ano o Servizo de atención integral, promoción da autonomía e inserción laboral de persoas con enfermidade inflamatoria intestinal co que están a recibir atención máis de 90 persoas participantes.

 

Con este proxecto, presentado a través de COCEMFE, preténdese dar cobertura integral aos aspectos sociais, físicos e emocionais das persoas que son atendidas en ACCU Ourense.

Para levalo a cabo desenvolveranse intervencións profesionalizadas de ámbito social e sanitario, así como intervención social, apoio persoal, acompañamento, atención á autonomía, tarxeta aparcamento, Acceso ACCU, baños adaptados para persoas ostomizadas, Eiiducando, integración laboral e sensibilización, concienciación e visibilización das EII.

 

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades COCEMFE, financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.