II Paseo pola Saúde de Barbadás 2022

Celebración do II Paseo pola Salúe de Barbadás o 3 de xuño de 2022

 

 

ACCU Ourense participou activamente no Paseo pola Saúde de Barbadás no que se reuniron 15 entidades ourensás relacionadas co ámbito sociosanitario co fin de sensibilizar, concienciar e visibilizar sobre a realidade das persoas do noso colectivo e os das demais entidades.

 

Este evento acolleu as casetas das entidades situados na Valenzá para dar a coñecer o traballo tan fundamental das asociacións, tanto coas persoas afectadas de patoloxías como coas súas familias e a súa contorna. Así mesmo, realizáronse talleres, charlas didácticas, clase maxistral de ioga e merenda saudable para nenas e nenos.

 

Ademais das carpas que albergaron as actividades realizadas polas entidades participantes, tiveron un lugar destacado as persoas membro de protección civil de Barbadás que recibiron ao alumnado dos Colexios públicos para ensinarlles primeiros auxilios e a realizar unha RCP.