Campaña X Solidario 2022

 

ACCU Ourense súmase á CAMPAÑA X SOLIDARIO 2022 para que na Declaración da Renda marquedes o recadro do X Solidario, de Actividades de Interese Social. Con este xesto, colaborades na implementación dos proxectos sociais de ACCU Ourense e de moitas máis, chegando a prestar atención directa a máis de 105.000 persoas en Galicia.

 

A campaña X Solidaria, na que ACCU Ourense vén participando desde hai anos, baséase en que cada persoa contribuínte poida marcar na súa declaración da renda a casa de «Actividades de interese social» co obxectivo de destinar o 0,7 % do IRPF aos proxectos que desenvolvemos desde as Ong.

 

Toda a sociedade benefíciase cando as persoas contribuíntes marcan a X Solidaria para destinar o 0,7% do IRPF a programas de fins sociais. En Galicia estes programas están financiados pola Consellería de Política Social e enmarcados, entre outros, como de interese xeral para fins de carácter social e con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

 

No marco dos programas de fins sociais ACCU Ourense dá continuidade ao servizo de atención integral en enfermidade inflamatoria intestinal (EII) enmarcado no Programa de atención social e asesoramento especializado I, implementando as actuacións directas de atención social, abordaxe integral e apoio á autonomía persoal e vida independente de 90 persoas afectadas de Crohn e colite ulcerosa ao longo de todo o ano.

 

GRAZAS POR TANTO!!!!!!