O Concello de Ourense aproba o Servizo de atención integral de ACCU Ourense

O Concello publica a resolución da convocatoria 2021 de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais

 

As entidades beneficiarias teñen un prazo dun mes (até o 14 de xaneiro de 2022) para presentar as contas xustificativas da aplicación da subvención.

De conformidade co artigo 45.1b da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dase coñecemento do contido resolutivo da convocatoria de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP núm. 81, de 12 de abril de 2021) emitida por decreto 2021008753, de 26 de novembro de 2021.

En virtude do disposto no artigo 8 das bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais (BOP Nº 163, do 17 de xullo de 2019), e, en exercicio das competencias delegadas (Decreto de Alcaldía-Presidencia núm. 2021005267, de 2 de xullo),

RESOLVO

Primeiro.- Aprobar a resolución da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais do ano 2021 con cargo á partida 140.2318.48900 do orzamento municipal vixente, de acordo co seguinte detalle:

A.1) Adxudicar as seguintes entidades sen ánimo de lucro que cumpren os requisitos polos proxectos que se relacionan a contía que ascende a 324.129,93€. (trescentos vinte e catro mil, cento vinte e nove euros con noventa e tres céntimos).

ENTIDADE; NIF; PROXECTO; CONTIA

AIXIÑA; G32144669; Servizo de transporte adaptado para persoas con mobilidade reducida do Concello de Ourense; 27.930,00€.

Asociación de familias de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ourense; G32198970; Apoio psicolóxico para familiares e coidadores/as de enfermos/as de Alzheimer; 27.315,59€.

Asociación Autismo Ourense; G32249484; Programa de promoción da autonomía persoal en persoas con Trastorno do Espectro de Autismo (TEA); 35.378,00€

Asociación Ourensana de esclerosis múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermidades neurodexenerativas AODEM; G32209983; Proxecto interdisciplinar de atención a persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias da Provincia de Ourense. Ano 2021; 22.344,00€

Asociación de familiares de enfermos mentais MOREA A.F.E.M MOREA; G32187049; Integración social de persoas con enfermidade mental severa e as súas familias; 23.275,00€

Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidades mentais de Galicia (FEAFES GALICIA); G15545353;Servizo de prospeción e inserción laboral para persoas con enfermidade mental; 9.034,00€.

Asociación Por Eles TEA Ourense; G32490278; Programa de actividades dirixidas a persoas con TEA; 21.049,22€.

Asociación de familias de persoas con trastorno da comunicación social (TRASCOS); G32444119; Programa de desenvolvemento das competencias de intersubxectividade e das habilidades de comunicación social en persoas con Trastornos de Comunicación social e Trastornos de Espectro autista.; 9.034,00€.

Asociación Española contra o cancro Ourense (AECC); G28197564; Servizo de axuda e soporte psicosocial no fogar especializado en Oncoloxía; 20.597,52€.

Cáritas Diocesana de Ourense; R3200098F; Programa de actividades dirixidas a persoas en situación de exclusión social severa e en risco de exclusión; 29.204,00€.

CIMO Entidade prestadora de servizos; G32010449; Emprégate. Programa integral de axuda á reinserción social e laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social; 6.488,47€.

Federación Galega de Asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento FADEMGA Plena inclusión Galicia; G36620037; Servizos de emprego para persoas con dicapacidade intelectual de Ourense; 3.754,80€.

Asociación Red Madre Ourense; G32394082; Ánxela 2021; 2.420,40€.

Asociación de Crohn e colite ulcerosa de Ourense ACCU; G32338725; Servizo de atención integral, promoción da autonomía persoal e inclusión social das persoas con enfermidades inflamatorias intestinais; 1.530,80€

Asociación de fibromialxia, síndrome de fatiga crónica e sensibilidade química múltiple de Ourense

(AFFOU); G32303802; Atención psico-social e Rehabilitador a persoas con fibromialxia e fatiga crónica e os seus familiares.; 3.444,30€.

Asociación para a loita contra as enfermidades renais de Ourense (ALCER); G32011041; ALCER contigo (Programa de orientación e apoio na ERC, a persoas vulnerables ao COVID 19); 5.131,24€.

Asociación de persoas xordas de Ourense (APSOU); G32015463; Mellorando a accesibilidade das persoas xordas; 11.481,00€.

Asociación para a promoción social de persoas con dificultades de patoloxía dual psíquica (CADABULLO); G32359218; Promoción social de persoas con dificultades de Patoloxía dual psíquica; 7.654,00€.

Comité cidadán antisida Ourense; G32169609; Punto de encontro Calor e café; 1.722,15€.

Federación de asociacións de persoas con discapacidade de Ourense (DISCAFIS-COGAMI); G32117889; Proxecto de servizos especializados a persoas con discapacidade no Concello de Ourense; 12.552,56€.

Down Ourense; G32311870; Programa de Logopedia e Comunicación; 14.123,65€.

Asociación de dano cerebral adquirido (RENACER); G32306623; Integración e apoio social nas familias con dano cerebral adquirido; 16.986,38€.

Asociación diabética Auria; G32290546; Diabetes día a día; 5.544,92€.

ValoresC innovation; G70377585; A Tribo de Malala; 6.133,93€