- As actividades do servizo benefician a máis de 100 persoas con Crohn, colite ulcerosa e ostomizadas da provincia de Ourense
- Este servizo forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE
Este ano ACCU Ourense deu continuidade ao Servizo de atención integral, promoción da autonomía e inserción laboral para persoas con enfermidade inflamatoria intestinal alcanzando a máis de 100 persoas de toda a provincia.
Actualmente, ACCU Ourense é a única entidade, pública ou privada, da provincia que presta servizos de atención integral ás persoas con enfermidades inflamatorias intestinais, desenvolvendo actividades de intervención, apoio persoal, atención á autonomía e integración sociolaboral. Ademais, as actuacións de sensibilización, visibilización e concienciación chegaron a máis de 900 persoas con enfermidade inflamatoria intestinal que acceden a medios de comunicación, redes sociais, páxinas web e material divulgativo.
Con este servizo, presentado a través da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE), conseguiuse, entre outras, unha alta innovación a nivel nacional ao abordar actuacións tan recentes como as seguintes:
– Tarxeta aparcadoiro, pioneira en España, que permite á persoa con enfermidade inflamatoria intestinal estacionar o vehículo en zonas prohibidas a condición de evitar interferir a vehículos e peóns e de que o seu uso destínese a utilizar un aseo nas numerosas situacións nas que se precisa con urxencia
– Acceso ACCU, proxecto innovador en Galicia, que permite a accesibilidade inmediata, libre e gratuíta aos aseos de edificios públicos e privados que estean adheridos ao proxecto para que as persoas con EII poidan utilizalos en caso de presentarse de forma imprevista a urxencia de acudir a un aseo
– Baños adaptados para persoas ostomizadas, proxecto innovador en Europa, para dotar de equipos adecuados a edificios públicos e privados para que as persoas con ostomía poidan utilizar os aseos en condicións de igualdade, seguridade e comodidade, asegurando un baleirado da bolsa hixiénico e saudable
– Protocolos de atención educativa para alumnado con EII, pioneiro en España, para a total cobertura de todas as situacións que poidan darse nos centros educativos de maneira que o desenvolvemento diario, a socialización e o proceso de formación evolucionen con calidade, en condicións de igualdade e de forma positiva
Este servizo forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica ( COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.
