X Solidario 2021

 

A campaña X Solidario, na que ACCU Ourense ven participando dende fai anos, baséase en que cada persoa contribuínte poida marcar na súa declaración da renda a casa de «Actividades de interese social» co obxectivo de destinar o 0,7 % do IRPF aos proxectos que desenvolvemos desde as ONG.

Este ano todas as entidades que nos sumamos á campaña da X Solidaria subscribimos o manifesto de emerxencia solidaria, xa que máis que nunca é necesario contribuír ao funcionamento das entidades que defendemos os dereitos da cidadanía e atendemos a millóns de persoas en todo o país. Somos un servizo esencial que está en primeira liña loitando contra os catastróficos efectos da pandemia COVID-19 e que o seguirá facendo cando esta remate.

Todos os anos a Administración permite que os e as contribuíntes decidan o destino do 0,7% dos impostos que se recaudan mediante o IRPF.

Cando alguén fai a declaración da renda ten CATRO alternativas:

  • Marcar o recadro de ‘fins sociais’ (“Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”) e destinar o 0,7 % dos seus impostos para que as entidades de carácter social poidan realizar proxectos coas persoas que máis o precisan.
  • Marcar os dous recadros:  ‘Fins sociais’ e ‘Igrexa Católica’ e destinar deste xeito, o 0,7 % dos teus impostos a cada un, é dicir un 1,4 %.
  • Marcar só o recadro da ‘Igrexa Católica’.
  • Non marcar ningún recadro e que sexa o Estado quen decide o que se fai con ese 0,7 %.

Marcando o X Solidario, o recadro de ‘Fins Sociais’, NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións e podemos contribuír á realización de programas e proxectos para as persoas que máis o precisan.

No 2020, a pesares do confinamento, conseguimos que case seis de cada dez  galegos e galegas marcaran o recadro da X Solidaria, vinte mil mais que no ano anterior.

Actualmente, máis de 11 millóns de persoas se apuntan ao X Solidario marcando nas súas declaracións da renta «Actividades de interese social»

Ante a #emerXenciaSOLIDARIA actual, necesitamos máis que nunca da túa axuda. Marca a # XSolidaria  contribúe ao desenvolvemento de programas que melloran a calidade de vida de moitas persoas