A semana do 5 ao 11 de abril de 2021 celebramos o Día da Saúde xunto con todas as entidades que formamos parte da Comisión Sociosanitaria de COGAMI.
ACCU Ourense quiso resaltar o lema de Hugo Reis: “Rendirse non é unha opción cando eres un neno ou nena. Loitemos para que haxa máis investigación”.
Neste mesmo sentido reclamamos, como entidade da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, saúde para todas as persoas e pedimos que o noso de saúde sexa de acceso igualitario, máis humanizado e cun acceso á medicación adecuado.
Así mesmo, recordamos que é necesario avanzar na humanización da saúde, proporcionando ferramentas para unha adecuada atención e información ás persoas de forma que poidan participar na toma de decisións sobre a súa saúde.